Gonzalo Vilas
Gonzalo Vilas | |
---|---|
Nacemento | 1964 |
Lugar de nacemento | Prevediños |
Nacionalidade | España |
Ocupación | ilustrador e debuxante de prensa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gonzalo Vilas, nado en Prevediños (Touro) en 1964, é un crítico de cine, ilustrador e humorista gráfico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Habitualmente (2010) asina as súas colaboracións só como "Gonzalo", e entre as súas referencias actuais no humor gráfico ten sinalado a Xosé Lois, Xaquín Marín e Suso Sanmartin.
Publicou a súa primeira viñeta para A Nosa Terra, semanario no que colaborou e para o cal coordinou o suplemento infantil Bule-Bule, entre outras tarefas. Habitualmente colabora tamén con viñetas de humor gráfico nas publicacións GZnación e Novas da Galiza.
Anteriormente colaborou con outras publicacións como Can Sen Dono, El Correo Gallego, O Pasquim (suplemento do Novas da Galiza entre 2007 e 2008) ou La Voz de Galicia. Colabora en elDiario.es[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gonzalo Vilas". eldiario.es.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- GZnación celebra as 100 viñetas de Gonzalo Vilas[Ligazón morta] (consultado o 20/01/2010)
- Entrevista en Vieiros (consultado o 20/01/2010)