Saltar ao contido

Gonzalo Rodríguez Palmeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGonzalo Rodríguez Palmeiro
Biografía
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata

Gonzalo José Rodríguez Palmeiro, nado en Santiago de Compostela o 18 de xuño de 1975, é un adestrador de baloncesto galego, que dende 2024 dirixe o Obradoiro, na Primeira FEB.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Psicopedagoxía e mestre de Educación Primaria, comezou a dar clases de baloncesto no ano 2002, traballando na Federación Galega de Baloncesto e nas canteiras do CB Cluny e do CB Peleteiro, ambos de Santiago de Compostela.[1]

En 2007 converteuse en axudante do adestrador canario Felipe Coello no CB Balneario Archena, club murciano da LEB Bronce, e no 2008/09 asumiu as rendas como adestrador principal.[2]

Na tempada 2009/10 uniuse a Moncho Fernández como axudante na dirección do UCAM Murcia, da Liga ACB. Na campaña 2010/11 ambos regresaron á súa Compostela natal para adestrar o Obradoiro na Liga LEB Ouro. Con Moncho como adestrador e Gonzalo como axudante, o club santiagués conseguiu o ascenso á Liga ACB, na que se mantivo durante as seguintes trece tempada consecutivas.[3]

O 5 de xuño de 2024, tralo descenso á Primeira FEB, anunciouse a marcha de Moncho Fernández despois de 14 anos como adestrador, sendo sucedido polo propio Gonzalo Rodríguez.[4]

  1. "El santiagués Palmeiro, nuevo técnico del Balneario de Archena". El Correo Gallego (en castelán). 27 de julio de 2008. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  2. Cremades, Andrés (14 de agosto 2008). "El Balneario entrega el mando a Gonzalo Rodríguez" (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  3. "Os adestradores axudantes Gonzalo Rodríguez e Víctor Pérez, e o delegado Fran Grela continuarán un curso máis no club". 11 de xullo de 2023. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  4. "Gonzalo Rodríguez colle a remuda de Moncho Fernández á fronte do Obradoiro de baloncesto". Nós Diario. 5 de xuño de 2024. Consultado o 22 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

[[Categoría:Nados en 1975]