Gonzalo Meirás Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Meirás Otero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Morte11 de novembro de 1968 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Meirás Otero, coñecido como Chalín e Gonzalo de Amarante, finado en Ferrol o 11 de novembro de 1968, foi un profesor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de francés na Escola de Máquinas da Armada, e profesor do Instituto de Ferrol, despois foi director do Instituto Feminino de Ferrol. Foi correspondente de La Voz de Galicia en Ferrol, colaborou en Vida Gallega e foi redactor de El Correo Gallego, do que chegou a ser redactor xefe, e La Noche. Foi correspondente de ABC en Ferrol. Foi presidente da Asociación da Prensa de Ferrol e cronista oficial de Ferrol. Finou en Ferrol o 11 de novembro de 1968.[1][2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1952 o concello de Ferrol concedeulle a Medalla de Prata da cidade.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 12-11-1968, p. 11.
  2. ABC, 13-11-1968, p. 90.
  3. ABC, 6-8-1952, p. 14.