Cando un barco xaponés é atacado por un raio de luz preto de Odo Island, outro barco é enviado a investigar, sufrindo o mesmo destino. Na vila os vellos culpan un monstro mariño coñecido como Godzilla. Cando o arqueólogo Kyohei Yamane chega á illa con outros investigadores atopan pegadas radioactivas xigantes e un trilobite. Yamane volve a Tokyo e presenta os seus achados, concluíndo que Godzilla foi creado por unha explosión nuclear.
En 1955 o filme foi exhibido nos cines estadounidenses, especialmente en veciñanzas con poboación xaponesa. O ano seguinte Jewell Enterprises re-montou o filme, eliminou moitas escenas e combinou o material orixinal con outras protagonizadas por Raymond Burr interpretando un reporteiro que cubría as actividades do monstro. Esta versión, titulada Godzilla, King of the Monsters! foi estreada no Xapón en 1957 e foi tamén moi popular.
O filme deu lugar a unha saga de vinte e sete secuelas, ademais de imitacións, parodias e homenaxes. Nos Estados Unidos rodáronse dous filmes sobre o monstro, unha versión en 1998 e outra en 2014.