Saltar ao contido

'Allelujah! Don't Bend! Ascend!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

'Allelujah! Don't Bend! Ascend!
Álbum de Godspeed You! Black Emperor
Publicado2012
Gravación2011
Estudio(s)Hotel2Tango, Montreal e o propio estudio da banda
Duración53:09
Xénero(s)post-rock, rock instrumental, drone
Selo(s)Constellation
ProdutorThierry Amar, David Bryant, Howard Bilerman, Efrim Menuck e Mike Moya
Cronoloxía
Yanqui U.X.O. 'Allelujah! Don't Bend! Ascend! -
Na rede
Spotify: 30bTXMxsMsYn7QbwmDW3rj Discogs: 480223 Allmusic: mw0002431717 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

'Allelujah! Don't Bend! Ascend! é o cuarto álbum de estudio da banda canadense de post-rock Godspeed You! Black Emperor, publicado o 1 de outubro de 2012 a través do selo Constellation Records. Tras reformarse en 2010 o grupo foi de xira e publicou o disco sixilosamente nun concerto en Boston, sendo as datas oficiais de lanzamento o 15 de outubro en Europa e o día seguinte no resto dos países.[1] O álbum recibiu críticas positivas e gañou o Polaris Music Prize en 2013.[2]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

A edición en vinilo do álbum trae as cancións máis longas "Mladic" e "We Drift Like Worried Fire" nun 12", acompañado por un 7" composto polos temas máis curtos "Their Helicopters' Sing" e "Strung Like Lights at Thee Printemps Erable". No libreto do 12" hai instrucións sobre cal é a orde na que deben reproducirse as caras. A listaxe de cancións do vinilo de feito é: A1 ("Mladic"), B1 ("Their Helicopters' Sing"), A2 ("We Drift Like Worried Fire") e B2 ("Strung Like Lights at Thee Printemps Erable"). A edición en CD do álbum recompila os catro cortes nun único disco.

CD
  1. "Mladic" – 20:00
  2. "Their Helicopters' Sing" – 6:30
  3. "We Drift Like Worried Fire" – 20:07
  4. "Strung Like Lights at Thee Printemps Erable" – 6:32
12" (A)
  1. "Mladic" – 19:53
  2. "We Drift Like Worried Fire" – 19:57
7" (B)
  1. "Their Helicopters' Sing" – 6:24
  2. "Strung Like Lights at Thee Printemps Erable" – 6:25