Yanqui U.X.O. é o disco da banda que levantou máis división entre a crítica. Mentres que algúns medios, como Allmusic, loubaron a edición como o mellor traballo do grupo, outros, como Pitchfork Media, ridiculizárono pola súa "lentiude e falta de invención". Pouco despois da publicación do álbum, a banda anunciou un hiato indefinido durante o cal os seus membros adicaríanse a outros proxectos musicais.