Goberno da Rioxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Goberno da Rioxa é, xunto ao Parlamento e ao presidente rexionais, un dos tres órganos institucionais da comunidade autónoma da Rioxa (España). Componse do presidente autonómico, o vicepresidente ou vicepresidentes, no seu caso, e os conselleiros.

Funcións[editar | editar a fonte]

O Goberno da Rioxa exerce o poder executivo e a administración da comunidade autónoma. As súas funcións detállanse no artigo 24 do Estatuto de Autonomía.[1] En particular:

  • Exerce a potestade regulamentaria que non pertence ao Parlamento.
  • Interpón recursos ante o Tribunal Constitucional.
  • Executa as funcións que se deriven do ordenamento xurídico estatal e rexional.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A estrutura do goberno é variable, xa que corresponde ao presidente designar o número e composición do mesmo. A estrutura actual (2011) é:

Cargo Nome
Presidente Pedro Sanz Alonso
Consellería de Presidencia e Xustiza Emilio del Río Sanz
Consellería de Administración Pública e Facenda María Concepción Arruga Segura
Consellería de Obras Públicas, Política Local e Territorial Antonino Burgos Navajas
Consellería de Educación, Cultura e Turismo Gonzalo Capellán de Miguel
Consellería de Agricultura, Gandería e Medio Ambiente Íñigo Nagore Ferrer
Consellería de Saúde e Servizos Sociais José Ignacio Nieto García
Consellería de Industria, Innovación e Emprego Javier Erro Urrutia

Sede[editar | editar a fonte]

A sede do Goberno da Rioxa atópase na antiga Deputación Provincial, no centro de Logroño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estatuto de Autonomía da Rioxa" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2007. Consultado o 07 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]