Gobernador das Illas Malvinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nigel Phillips, gobernador das Malvinas.
Bandeira persoal do gobernador das Malvinas.

O gobernador do Territorio Británico de Ultramar das Illas Malvinas é o representante da Coroa británica nas Illas Malvinas, actuando "en nome da súa Maxestade", como xefe do Estado de facto na ausencia da monarca británica. O papel e as facultades de devandito gobernador descríbense no capítulo II da Constitución das Illas Malvinas.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro asentamento permanente nas illas foi en Puerto Soledad e foi dirixido por Louis Antoine de Bougainville, o administrador da colonia francesa que se iniciou en 1764 e rematou en 1767.

O primeiro líder dun asentamento británico era John McBride, o capitán do HMS Jason, en 1766 en Porto Egmont. Os británicos argumentan que durante a guerra de Independencia dos Estados Unidos en 1776 decidiron retirarse de moitos asentamentos no estranxeiro, incluíndo as Malvinas.

A colonia francesa de Puerto Luis foi trasladada polos españois en 1767 e rebautizada Puerto Soledad. O primeiro administrador militar español nas illas foi Felipe Ruiz Puente. A gobernación española rematou en 1811 como resultado da guerra da Independencia da Arxentina. Devandito país considera que dende ese momento pasou a ser herdeiro da soberanía española nas illas (Uti possidetis iure).

En 1829 Luis María Vernet foi proclamado gobernador das Illas Malvinas polas Provincias Unidas do Río da Prata. O Reino Unido enviou unha forza de tarefas para estabelecer o seu dominio sobre as Illas Malvinas en 1833. As Malvinas foron colonizadas posteriormente por colonos procedentes de Escocia e Gales.

O primeiro gobernador británico das Malvinas foi Richard Moody en 1843. Houbo un goberno británico nas illas até 1982, cando as Malvinas foron recuperadas pola Arxentina durante 74 días. Durante este tempo, o xeneral de brigada Mario Benjamín Menéndez foi nomeado gobernador militar das Illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur polo goberno da Arxentina.

Despois da rendición arxentina na guerra das Malvinas, o gobernador británico regresou. En 1985, a Constitución das Illas Malvinas entrou en vigor e reduciu en gran medida o poder do gobernador, que se reduciu aínda máis cando a Constitución se actualizou en 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]