Operación Rosario
Operación Rosario | |
---|---|
![]() | |
Tipo | operación militar ![]() |
Parte de | Guerra das Malvinas ![]() |
Data | |
Comezo | 2 de abril de 1982 ![]() |
Remate | 3 de abril de 1982 ![]() |
Características | |
Causa de | Guerra das Malvinas ![]() |
Implicados | |
Participante | Forças Armadas da Argentina (pt) ![]() ![]() |
Localización | |
Localización | Porto Arxentino/Stanley ![]() |
Coordenadas | 51°41′30″S 57°52′22″O / -51.6917, -57.8728 |
País | Arxentina ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Operación Rosario (anteriormente Operación Azul) foi a primeira das operacións tácticas programadas pola Arxentina co obxectivo de retomar o control da capital das illas Malvinas, Stanley, que posteriormente se chamou Porto Arxentino. A Operación Rosario consistía nunha serie de accións de intensidade crecente encamiñadas á recuperación arxentina das illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur, que se conseguirían en sentido inverso (de Leste a Oeste e de menor a maior relevancia política), iniciándose da maneira máis discreta posible e culminando coa toma do arquipélago das Illas Malvinas e da súa capital, mediante un asalto directo, pero sen causar baixas ó inimigo para evitar unha futura reacción militar británica.
O 30 de marzo de 1982 a Xunta militar ordenou a posta en marcha do operativo, fixando como data de execución o 1 de abril. Os efectivos que terían ó seu cargo a execución deste plan eran a Frota de Mar, a Aviación Naval e o 2° Batallón de Infantaría de Mariña da Armada Arxentina; o Rexemento de Infantaría 25 do Exército Arxentino e avións C-130 Hércules da Forza Aérea Arxentina, baixo o mando do Almirante Carlos Büsser.
A capital colonial Stanley, rebautizada tras a recuperación Porto Arxentino, estaba defendida por un destacamento dun setenta infantes de mariña ademais de polo menos 25 milicianos da Falkland Defence Force; a toma levouse a cabo rápida e efectivamente, aínda que un dos oficiais que lideraban as tropas, o capitán de corveta Pedro Edgardo Giachino, foi a única baixa mortal do enfrontamento.
Os británicos rendéronse oficialmente ás 9:30 a. m., logo de tres horas de esporádicos combates, que tiveron lugar especialmente ó redor da casa de goberno das illas. A intención da Arxentina era estabelecer rapidamente unha mellor comunicación aérea e marítima entre as illas e o continente, para facilitar o envío de tropas que reforzasen a defensa e así disuadir ó Reino Unido de ulteriores accións. O gobernador colonial das illas, Rex Hunt, e os prisioneiros militares foron inmediatamente repatriados ó Reino Unido por vía aérea.
Paralelamente, outras forzas levaban a cabo a chamada Operación Georgias, destinada á recuperación dos portos Grytviken e Leith, nas illas Xeorxias do Sur. Como resposta, o goberno británico lanzou a Operación Corporate, comandada conxuntamente polo almirante John Woodward e o xeneral Jeremy Moore.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anderson, Duncan (2002). Osprey Publisher, ed. The Falklands War 1982. Osprey Essential Histories. ISBN 1-84176-422-1.
- Andrada, Benigno Héctor (1983). Emecé editores, ed. Guerra aérea en las Malvinas (en castelán). ISBN 978-950-04-0191-3.
- Barker, Nick (2001). Beyond Endurance: An Epic of Whitehall and the South Atlantic Conflict. Pen & Sword. ISBN 0850528798.