Gmelin (base de datos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A base de datos Gmelin é unha gran base de datos química de compostos organometálicos e inorgánicos que se actualiza trimestralmente. Está baseada na publicación alemá Manual de Química inorgánica de Gmelin (Gmelins Handbuch der anorganischen Chemie) escrito por Leopold Gmelin en 1817[1] e actualmente contén 1,5 millóns de compostos e 1,3 millóns de reaccións difrentes. A última versión contén todas as reaccións e compostos descubertos entre 1772 e 1995, e comprende uns 85.000 títulos, palabras clave e resumos, e é mantida por Elsevier MDL.

A base de datos ten uns 800 campos de datos distintos relativos a información eléctrica, magnética, térmica, cristalográfica e fisiolóxica dos compostos.

Pode considerarse unha base de datos irmá da Beilstein, a cal trata dos compostos orgánicos e as súas reaccións.

Accédese polo sistema Reaxys.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brockhaus ABC Chemie, VEB F. A. Brockhaus Verlag Leipzig 1965, S. 497–498.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]