Saltar ao contido

Gloster Gladiator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gloster Gladiator
Gladiator na actualidade
Tipocaza
FabricanteGloster Aircraft Company, Ltd.
Deseñado porHenry Phillip Folland
Primeiro voo12 de setembro de 1934
Introducido1937
Retirado1953 (Portugal)
Principais usuariosRoyal Air Force
Fleet Air Arm
Forza Aérea de Finlandia
Unidades construídas747

O Gloster Gladiator foi un caza biplano británico usado durante a segunda guerra mundial. Foi o derradeiro caza biplano producido no Reino Unido e foi a espiña dorsal do mando de caza británico antes da guerra. Voou por primeira vez en 1934 como unha evolución do Gloster Gauntlet cun motor máis potente e a cabina pechada. Entrou en servizo en 1937 e fabricáronse 768 exemplares ata a primavera de 1940.

Durante a guerra serviu en todos os teatros e nun gran número de forzas aéreas distintas, algunhas delas do Eixo. A RAF usouno en Francia, Noruega, Grecia, na defensa de Malta, Oriente Medio, e na breve guerra anglo-iraquí (durante a cal a Real Forza Aérea de Iraq estaba equipada de forma similar). Outros países despregaron o Gladiator, incluídos China contra o Xapón, a partir de 1938; Finlandia (xunto cos voluntarios suecos) contra a Unión Soviética na guerra de Inverno e na guerra de Continuación; Suecia como non combatente neutral (aínda que os voluntarios suecos loitaron por Finlandia contra a URSS como se dixo anteriormente); e Noruega, Bélxica, e Grecia resistindo a invasión do Eixo dos seus respectivos países.

Especificacións

[editar | editar a fonte]
  • Tipo: monopraza de caza Gloster Gladiator Mk I.
  • Planta motriz: un motor radial Bristol Mercury IX de 840 hp.
  • Envergadura: 9,38 m.
  • Lonxitude: 8,36 m.
  • Peso máximo na engalexe: 2.083 Kg.
  • Velocidade máxima: 253 millas/h a 14.500 pés.
  • Alcance: 428 millas.
  • Armamento: catro metralladoras de 7,7 mm.