Gladys del Estal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gladys del Estal
Gladys del Estal ZB.jpg
Nome completoGladys del Estal Ferreño
Nacemento1956
Lugar de nacementoCaracas
Falecemento3 de xuño de 1979
Lugar de falecementoTudela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco
Ocupaciónprogramadora, informática teórica e activista
editar datos en Wikidata ]

Gladys del Estal Ferreño, nada en Caracas en 1956 e finada en Tudela o 3 de xuño de 1979, foi unha programadora informática e activista medioambiental española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de pais refuxiados republicanos españois, faleceu nunha protesta antinuclear[1] A protesta realizábase en Tudela, no conxunto de protestas antinucleares da época contra o establecemento de tres centrais nucleares na costa vasca (entre elas, a central nuclear de Lemoiz) e outra en Navarra. Morreu a causa dun disparo no pescozo da arma do garda civil José Martínez Salas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eduardo Pérez (xuño 2020). "Gladys del Estal, la mártir de la lucha anti-nuclear". El Salto (38): 58–59. ISSN 2530-5913.