Gjulistana Маrkovska
Gjulistana Маrkovska | |
---|---|
Nacemento | 1961 |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gjulistana Jumerovska Markovska, nada en Kumanovo en 1961, é unha oftalmóloga e política macedonia de etnia romaní[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse na Facultade de Medicina da Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje, e especializouse en enfermidades oculares. Traballou como médica de familia no centro de saúde de Kumanovo e como especialista no Hospital Militar de Skopje. Accedeu á Asemblea de Macedonia nas listas da Unión de Forzas Reformistas e despois actuou como independente. Pasou catro anos máis, de 1998 a 2002, como parlamentaria polo VMRO-DPMNE, dirixido por Ljubcho Georgievski. Despois de 2002 retirouse da política activa para exercer a práctica médica privada e mais tamén é vicepresidenta da Sociedade Oftalmolóxica Macedonia[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Renske Doorenspleet (2013). "Electoral Systems and Good Governance in Divided Countries". En Florian Bieber e Stefan Wolff. The Ethnopolitics of Elections. Routledge.
- ↑ ""About Us"". zom.mk.