Girlpool

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Girlpool
Girlpool (February, 2015).jpg
OrixeOs Ánxeles, California, Flag of the United States.svg
Período2013-presente
Xénero(s)indie rock, folk punk
Selo(s) discográfico(s)Anti-, Wichita Recordings
MembrosCleo Tucker
Harmony Tividad
Páxina webhttp://www.girlpoolmusic.com

Girlpool é unha banda de indie rock estadounidense procedente dos Ánxeles, California. Os seus membros son Cleo Tucker (guitarra, voces) e Harmony Tividad (baixo, voces).[1][2] O grupo orixinalmente non contaba cun batería.[3] O seu EP de estrea autotitulado foi subido ao seu Bandcamp o día 14 de febreiro de 2014, e foi reeditado por Wichita Recordings o 17 de novembro dese mesmo ano. A banda publicou o seu álbum de estrea, Before the World Was Big, o 2 de xuño de 2015, tamén a través de Wichita Recordings.[4] O seu segundo álbum, Powerplant, foi editado o 12 de maio de 2017, a través do selo Anti-. Nese álbum engadiron ao batería Miles Wintner.[5] O seu derradeiro traballo ata a data, What Chaos Is Imaginary, apareceu o 1 de febreiro de 2019 tamén a través de Anti-.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Before the World Was Big 2015 Wichita Recordings
Powerplant 2017 Anti-
What Chaos Is Imaginary 2019 Anti-

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Snapes, Laura. "Girlpool - 'Girlpool' EP". NME (en inglés). Consultado o 2019-04-22. 
  2. Vincent, Alice (2015-02-06). "Girlpool - New Music" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2019-04-22. 
  3. "Girlpool: Girlpool EP". PopMatters (en inglés). 2015-01-14. Consultado o 2019-04-22. 
  4. "Girlpool Revisit Childhood on Their Debut Album, ‘Before the World Was Big’". Spin. 2015-03-10. Consultado o 2019-04-23. 
  5. "Powerplant, by girlpool". girlpool. Consultado o 2019-04-23. 
  6. "What Chaos Is Imaginary, by girlpool". girlpool. Consultado o 2019-04-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]