Giovanni Fabriciaco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VIII ![]() Heraclea, Italia (en) ![]() ![]() |
Magister Militum of Venice (en) ![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Giovanni Fabriciaco ou Fabriaco (en latín, Iohannes Fabriciacus ou Fabriacus)[1], nado na antiga Heraclea, hoxe comuna de Eraclea en Venecia, foi un militar do século VIII que gobernou a Venecia bizantina co título de magister militum (c. 741)[2]. Tamén é coñecido como Giovanni Fabriciazio[3] ou Fabriciato[4].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cara a 741, Eutiquio, o exarca de Rávena, a máxima autoridade da Italia bizantina, elixiu a Fabriciaco como sucesor de Gioviano Ipato á fronte do goberno da Lagoa veneciana. Fabriciaco, do mesmo xeito que os seus predecesores, debería gobernar Venecia durante un ano, pero o poder bizantino en Italia diminuía rapidamente e a súa autoridade era cada vez máis débil[7]. Unha revolta popular acabou de forma violenta co seu goberno á vez que puña fin ao período dos magistri militum[5][6]. A revolta fora instigada polo ex-magister militum Teodato e os seus partidarios e foi a el ao que os venecianos designaron como o seu novo líder. Con todo, e do mesmo xeito que ocorrera cara a 727 co seu pai, Orso, Teodato recibiu o título de dux (literalmente «líder» en latín).
Unha vez deposto, Fabriciaco foi cegado, unha forma de tortura común no mundo bizantino e reservada xeralmente para os usurpadores[7]. E tras este suplicio foi enviado ao exilio.
Coa destitución de Fabriciaco acabou o período dos magistri militum. A institución ducal restaurada había perdurar como forma de goberno ata que en 1797 as tropas napoleónicas depuxeron ao último dux de Venecia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arnaldi & Pavan 1992, p. 436.
- ↑ Demus. The Church of San Marco in Venice. History, Architecture, Sculpture. Dumbarton Oaks Studies Six.
- ↑ Sandi. Principi di storia civile della Repubblica di Venezia. Dalla sua fondazione sino all'anno di N.S. 1700. Parte primera, vol. 1. Sebastian Coleti.
- ↑ Marcozzi. Chioggia. L'XI e la XII isola della Serenissima. Multigrafica Editrice.
- ↑ Moran. Comunidad política y religiosa: claves de la cultura jurídica europea. Vol. I. Netbiblo.
- ↑ Cenni. "Historia de Venecia". Venecia. Arte e historia. Bonechi.
- ↑ Montanelli; Gervaso. Historia de la Edad Media. Ed. Plaza & Janés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnaldi; Pavan. "Le origini dell'identità lagunare". Storia di Venezia. Vol. I. Istituto della Enciclopedia Italiana.
- Hazlitt. History of the Venetian Republic: her rise, her greatness and her civilization. Vol. I. Smith, Elder & Co.
- Romanin. Storia documentata di Venezia. Tomo I. Pietro Naratovich tipografo editore.
- Rösch. "Deodato". Dizionario Biografico degli Italiani. Vol. 39. Istituto della Enciclopedia Italiana.