Giovanni Battista Venturi
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1746 Bibbiano, Italia |
Morte | 10 de setembro de 1822 (75 anos) Reggio Emilia, Italia |
Actividade | |
Ocupación | físico |
Empregador | Universidade de Módena e Reggio Emilia |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Giovanni Battista Venturi, nado en Bibbiano en 1746, finado en Reggio Emilia en 1822, foi un físico italiano.[1] Descubriu o efecto Venturi do cal toma o seu epónimo. Foi o epónimo tamén da bomba Venturi (aspiradora) e do tubo de Venturi.
Foi contemporáneo de personaxes como Leonhard Euler e Daniel Bernoulli. Foi alumno de Lazzaro Spallanzani e ordenado sacerdote en 1769. Nese mesmo ano é nomeado profesor de lóxica no seminario de Reggio Emilia. En 1774 converteuse en profesor de xeometría e filosofía na Universidade de Módena, onde en 1776 se converteu en profesor de física.
Venturi foi o primeiro que mostrou a importancia de Leonardo da Vinci como científico, e compilou e publicou moitos dos manuscritos e cartas de Galileo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ www.biografiasyvidas.com (ed.). "Biografía" (en español). Consultado o 28 de outubro de 2011.