Gimlet (combinado)
O gimlet é un combinado ao estilo martini, que se adoita facer con xenebra ou vodka e zume de lima.
Historia
[editar | editar a fonte]D. B. Wesson definiuno en I'll Never be Cured III como "gin, a spot of lime, and soda" ("xenebra, unha pinga de lima e soda"). Raymond Chandler escribiu en O longo adeus (1953): " Un verdadeiro gimlet leva a metade de xenebra, a metade de zume de lima Rose’s, e punto."[1], en palabras de Terry Lennox).
Desde a década de 1990 a maioría dos barmen adoitan servir o gimlet con vodka en vez de xenebra. Esta variedade era o combinado favorito de Ed Wood, que mesmo usou os pseudónimos de "Telmig Akdov" e "Akdov Telmig" (palíndromo de Vodka Gimlet) para as súas novelas para adultos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A primeira testemuña deste nome aplicado ao combinado é de 1928. Procede do nome en inglés da barrena, ferramenta para facer pequenos buratos, e é usado figuradamente polo efecto de "penetración" que fai en quen o bebe[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O longo adeus, p. 28 (Ed. Hugin e Munin, 2019)
- ↑ www.etymonline.com, Dicionario Etimolóxico OnLine (en inglés).