Giichi Nomura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giichi Nomura
Nacemento20 de outubro de 1914
Lugar de nacementoShiraoi
Falecemento28 de decembro de 2008
Lugar de falecementoNoboribetsu
NacionalidadeXapón
EtniaPobo ainu
OcupaciónActivista polos dereitos humanos e político
editar datos en Wikidata ]

Giichi Nomura (野村義), nado o 20 de outubro de 1914 e finado o 28 de decembro de 2008, foi un defensor e activista do pobo ainu do Xapón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Shiraoi, Hokkaido, Nomura converteuse nun empresario do sector da pesca. En 1960, uniuse á Hokkaido Utari Association, un grupo de defensa dos ainus. Nomura representou á organización en varios cargos, incluíndo director executivo de 1964 a 1996.[1]

En 1992, Nomura falou nas Nacións Unidas sobre cuestións ainus, incluída a política de asimilación forzada do Xapón. Nomura falou da actitude do goberno xaponés cara ao pobo ainu: "Aos ollos do goberno, somos un pobo cuxa existencia non debe ser admitida".[2]

Nomura morreu en Noboribetsu, Hokkaido o 28 de decembro de 2008.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asahi Shimbun, "Ainu activist Nomura dies at 94", 30 de decembro de 2008
  2. Metropolis, "r.i.p", 30 de xaneiro de 2009, p. 7.