Gian Fontana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gian Fontana
Nacemento16 de novembro de 1897
 Fidaz
Falecemento30 de novembro de 1935
 Flims
NacionalidadeSuíza
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Gian Fontana, nado o 16 de novembro de 1897 en Fidaz, Cantón dos Grisóns, Suíza, e finado o 30 de novembro de 1935 en Flem, foi un profesor e escritor romanche. A súa é esencialmente lírica e novelística.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fontana medrou nunha familia labrega, nunha pequena aldea do concello de Flem, fillo de Josef Fontana (1870–1938) e Margreta Capaul (1870–1937). Frecuentou a escola en Flem, que tiña o alemán como lingua de instrución.[2] En 1914 con 17 anos entrou na escola de maxisterio de Chur e alí recibiu as primeiras clases de romanche que lle deu o sacerdote Gion Cahannes (1872–1947).[3] Logo de graduarse en 1917 foi profesor en Flem ata 1935.

Obra[editar | editar a fonte]

Fontana comezou a escribir en alemán, as súas primeiras poesías en romanche datan de 1914. En 1921 consagrouse co seu poema Canzun d'amur sonorizado por Thumas Dolf en 1922-1923 e que se fixo popular. O cambio para o romanche produciuse tarde, probablemente baixo a influencia da fundación de Renania, asociación de promoción do romanche que operaba nas zonas protestantes de Sutselva e Surselva e que publicaba a revista Casa Paterna, onde apareceron os primeiros poemas de Gian Fontana.

A súa lingua ten as cores da súa fala local, recollendo mesmo léxico case esquecido propio de Fidaz e de Flem, que se diferenza do sursilvano estandarizado. Escribiu arredor de 800 poesías, das que se converteron en cancións arredor de 80, converténdose nun referente para a música popular romanche[4], sonorizadas por compositores como Tumasch Dolf, Corin Curschellas, Gion Antoni Derungs, Hans Erni (1867-1961), Hans Lavater (1885-1969),[5] Giusep Maissen (1906-1963) [6], Giusep Tschuor (*1940) e Robert Grossmann (* 1953) escribiu a a ópera Il president da Valdei a partir dunha novela de Fontana.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ediziun cumpleta. 3 vol. Ediziun dalla Uniun Romontscha Renana, Chur 1971.
  • Igl uors ed autras historiettas, contos, 1920
  • Per l’honur., novela, 1922
  • Carstgauns, poesías, 1927
  • Crappa-grossa, novela, 1930.
  • Sidonia Caplazi novela, 1932
  • La cuolpa, novela, 1937

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Deplazes, Gion. Istorgia da la litteratura rumantscha per scola e pievel tom 3, Lia rumantscha, Cuira, 1990.
  2. Martin Bundi: Zur Situation des Rätoromanischen in Graubünden. Arquivado 15 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.
  3. Tumasch Dolf: Gian Fontana. en: Annalas da la Societad Retorumantscha, tom 51 (1937). p. 20–29,
  4. "Manfred Veraguth "Gian Fontana. Poesias sco musica"". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2016. 
  5. Georg Thürer Ei tucca la notg sil clutger.... cumpareglia.
  6. Reminiscenzas – Gedenkkonzert zum 100.