Ghost in the Shell (filme de 1995)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Ghost in the Shell
Ghostintheshell-logo.svg
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinal Gōsuto In Za Sheru/Kōkaku Kidōtai
Director Mamoru Oshii
Produtor Yoshimasa Mizuo
Ken Matsumoto
Ken Iyadomi
Mitsuhisa Ishikawa
Guión Kazunori Itō
Baseado en Ghost in the Shell de Masamune Shirow
Intérpretes Atsuko Tanaka
Akio Ōtsuka
Iemasa Kayumi
Música Kenji Kawai
Fotografía Hisao Shirai
Montaxe Shūichi Kakesu
Shigeyuki Yamamori
Estudio Production I.G
Distribuidora Shochiku (Xapón)
Manga Entertainment (Internacional)
Estrea Flag of Japan.svg 18 de novembro de 1995
Duración 82 minutos
Orixe Flag of Japan.svg Xapón
Xénero Animación
Orzamento $10 000 000[1]
Recadación $2 287 714[2]
Filme seguinte Ghost in the Shell 2: Innocence

Ghost in the Shell (GHOST IN THE SHELL/攻殻機動隊 Gōsuto In Za Sheru/Kōkaku Kidōtai?) é un filme xaponés dirixido por Mamoru Oshii que foi estreado en 1995. Está baseado no manga homónimo de Masamune Shirow. A animación é obra de Production I.G, e o guión de Kazunori Itō. As voces de dobraxe orixinais son de Atsuko Tanaka, Akio Ōtsuka e Iemasa Kayumi. Unha versión actualizada chamada Ghost in the Shell 2.0 foi estreada no 2008, con novo son e gráficos 3D por ordenador nalgunhas escenas.

Ghost in the Shell conta a caza da axencia de seguridade Sección 9 dun hacker coñecido como Puppet Master. Coa asistencia do seu equipo, Motoko Kusanagi atopa ó sospeitoso e mergúllase nunha complexa intriga política que tenta encubrir a identidade e a finalidade do Puppet Master.

O filme foi estreado o 18 de novembro de 1995 e recibiu, en xeral, críticas positivas. A súa animación foi louvada, mais non así o argumento, que foi cualificado de predecible. O filme casou impresións moi positivas en directores como os Irmáns Wachowski e James Cameron. Unha secuela indirecta deste filme, Ghost in the Shell 2: Innocence, foi estreada no 2004.

Argumento[editar | editar a fonte]

Ano 2029. Nunha enorme cidade asiática, unha muller cyborg policía investiga as sinistras actividades dun misterioso hacker, un supercriminal que está invadindo as autoestradas da información.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1996: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.

Impacto cultural[editar | editar a fonte]

Larry e Andy Wachowski, creadores de Matrix e as súas secuelas, amosáronlle o filme ó produtor Joel Silver, dicindo, "Nós queremos facelo en real."[3] A saga Matrix ten varios conceptos deste filme, como a chuvia dixital de datos, que está inspirada nos créditos de Ghost in the Shell, e o xeito mediante o cal a xente accede a Matrix a través de enchufes na caluga.[4] Outros paralelismo atópanse en Avatar de James Cameron, en A.I. Artificial Intelligence de Steven Spielberg e en Surrogates de Jonathan Mostow.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Kôkaku kidôtai (1996)". JPBox-Office. 29 de xaneiro de 1997. Consultado o 30 de outubro de 2013. 
  3. Joel Silver, interviewed in "Making The Matrix" featurette on The Matrix DVD.
  4. "Hollywood is haunted by Ghost in the Shell". The Guardian. Consultado o 26 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]