Gertrude Atherton
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de outubro de 1857 San Francisco |
| Morte | 14 de xuño de 1948 San Francisco |
| Causa da morte | ictus |
| Lugar de sepultura | Cypress Lawn Memorial Park (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actividade literaria, biografía, literatura de ciencia ficción, literatura de terror, literatura de non ficción, xornalismo de opinión, feminismo e historia |
| Lugar de traballo | Estados Unidos |
| Ocupación | novelista, escritora de non ficción, escritora, guionista |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | George H. Bowen Atherton (1876–1887) |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Atherton, Gertrude Franklin) Enciclopedia literaria (1929-1939), Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) |
Gertrude Franklin Horn Atherton, de solteira Gertrude Franklin Horn, nada en San Francisco o 30 de outubro de 1857 e finada o 14 de xuño de 1948 na mesma cidade, foi unha escritora norteamericana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu e viviu en California toda a súa vida, casou con George Atherton cando só tiña 19 anos e con el tivo dous fillos. Ao seu home desgustáballe que escribise, e a publicación en folletín da súa primeira novela, The Randolphs of Redwoods (1882), aínda que ía sen sinatura, escandalizou a toda a familia.
Logo da morte do seu home en 1887, comezou a súa verdadeira carreira de escritora, escribiu 60 libros e numerosos artigos, a súa primeira novela con sinatura publicouna en 1888, What Dreams May Come, aínda que baixo o pseudónimo de Frank Lin.
As súas novelas amosan heroínas cunha vida moi independente, sen dúbida unha reacción á súa vida de casada. As súas novelas máis coñecidas son The Californians (1898) The Splendid, Idle Forties (1902), The Conqueror (1902) e Black Oxen (1923).