Gerardo María Díaz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1893 Pol, España |
Morte | 1981 (87/88 anos) Córdoba, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Gerardo María Díaz, nado en Hermunde (Pol) en 1893 e finado en Córdoba, Arxentina, en 1981, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou á Arxentina a principios do século XX. Xastre de profesión. Integrouse na sociedade Unión de Pol y Castro de Rey, da que foi directivo. Participou na constitución da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. En 1937, ao producirse a unificación das dúas Federacións na Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, foi nomeado secretario xeral.[1] Colaborou en Galicia. Foi o delegado da Federación no Congreso dos Pobos pola Paz celebrado en Viena en decembro de 1952.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Nosa Terra, xullo-1951, p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Leira, Lois (2011). Protagonistas de una historia colectiva II. Vigo: Grupo de Comunicación de Galicia en el Mundo. pp. 95–100. ISBN 978-84-938464-4-2.