Saltar ao contido

Gerardo Harguindey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de abril de 2013 ás 06:29 por Addbot (conversa | contribucións) (Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q11020158)

Gerardo Harguindey Banet, nado en Lugo o 29 de maio de 1937 e finado en 1998, foi un político galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato no Colexio dos Maristas de Lugo e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1964. Foi Subsecretario do Ministerio de Traballo (1977-1980), Conselleiro didáctico (1964) e Vicesecretario Xeral do Instituto Social da Mariña, delegado Provincial (1965-1970), director dos Servizos Provinciais de Madrid ata 1971 cando foi nomeado Vicesecretario xeral. Foi asesor da delegación gobernamental española nas Reunións Marítimas da Conferencia Internacional de Traballo (Xenebra 1970 e 1976).

Foi senador da UCD por Lugo (1977-1979), deputado do Centro Democrático y Social na Asemblea de Madrid (1987-1991), senador do CDS por Madrid (1989-1991). Foi presidente rexional de Madrid do CDS.

Véxase tamén

Ligazóns externas