Gerardo Harguindey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1937 Lugo, España |
Morte | 25 de setembro de 1998 (61 anos) Madrid, España |
Senador de España | |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Henrique Harguindey |
Gerardo Harguindey Banet, nado en Lugo o 29 de maio de 1937 e finado en Madrid o 25 de setembro de 1998, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán máis vello do tradutor Henrique Harguindey, estudou o bacharelato no Colexio dos Maristas de Lugo e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1964. Foi Subsecretario do Ministerio de Traballo (1977-1980), Conselleiro didáctico (1964) e Vicesecretario Xeral do Instituto Social da Mariña, delegado Provincial (1965-1970), director dos Servizos Provinciais de Madrid ata 1971 cando foi nomeado Vicesecretario xeral. Foi asesor da delegación gobernamental española nas Reunións Marítimas da Conferencia Internacional de Traballo (Xenebra 1970 e 1976).
Na transición foi membro do Partido Socialdemócrata, incorporado na UCD. Pola formación centrista foi escollido senador por Lugo nas cámaras constituíntes (1977-1979). Ao cesar como senador continuou vinculado ao goberno como subsecretario de Traballo e foi presidente da xestora da UCD na provincia de Lugo.[1] Anos máis tarde, trala disolución da UCD, foi deputado do Centro Democrático y Social na Asemblea de Madrid (1987-1991), senador do CDS por Madrid (1989-1991). Foi presidente rexional de Madrid do CDS. Finou en Madrid o 25 de setembro de 1998.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Ten unha rúa en Celeiro ao seu nome.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Regla Valero Bolaño e foi pai de María, Cristina, Carmina, Gerardo, Jorge e Almudena Harguindey Valero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sánchez Pombo, Ernesto (1979-05-14). "Comisión gestora para resolver la crisis de UCD de Lugo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-01-12.
- ↑ Necrolóxica en ABC, 27-9-1998, p. 117.
- ↑ "Celeiro dedica una calle a su benefactor Gerardo Harguindey Banet". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-08-01. Consultado o 2023-01-12.