Geraldine Finlayson
Geraldine Finlayson | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | século XX |
Lugar | Xibraltar |
Nacionalidade | británica |
Cónxuxe | Clive Finlayson |
Actividade | |
Campo | antropóloga, paleontóloga e historiadora |
Alma máter | Universidade Anglia Ruskin |
Contribucións e premios | |
Coñecida por | Arqueoloxía submarina en Xibraltar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Geraldine Finlayson é directora do John Mackintosh Hall, así como directora do Instituto para Estudos Xibraltareños e científica xefe do laboratorio do Museo de Xibraltar. Está casada con Clive Finlayson e ten un fillo.[1]
Vida académica[editar | editar a fonte]
Recibiu o seu doutoramento en 2008 pola Universidade Anglia Ruskin, en Cambridge, Reino Unido, onde presentou a tese «Clima, vexetación e biodiversidade: un estudo multiescala do sur da Península Ibérica».[2]
Durante moitos anos, Finlayson estudou a presenza dos neandertais en Xibraltar, tendo feito varias escavacións na rexión, incluíndo debaixo da auga.[2]
Fixo unha aparición como ela mesma, no episodio 48 ("Das dunkle Geheimnis der Neandertaler", 2012) da primeira tempada da serie de televisión austríaca Terra Mater.[3]
Publicacións seleccionadas[editar | editar a fonte]
- Biogeography of human colonizations and extinctions in the Pleistocene (con Clive Finlayson e Darren Fa) (en inglés)
- The Homo habitat niche: Using the avian fossil record to depict ecological characteristics of Palaeolithic Eurasian hominins (con Clive Finlayson et al.) (en inglés)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gibraltar Chronicle, ed. (05-07-2012). "Gorham’s Cave excavation set for summer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02-12-2013. Consultado o 25-09-2012.
- ↑ 2,0 2,1 Museo de Gibraltar (ed.). "Geraldine Finlayson" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02-12-2013. Consultado o 25-09-2012.
- ↑ Internet Movie Database (ed.). "Geraldine Finlayson" (en inglés). Consultado o 25-09-2012.