Geno Machado
Geno Machado | |
---|---|
![]() Geno actuando en concerto conmemorativo do 15º aniversario da OT no Palau Sant Jordi de Barcelona (31/10/2016) | |
Nome completo | Genoveva del Carmen Machado Hernández |
Nacemento | 12 de maio de 1982 (40 anos) |
Orixe | Las Palmas de Gran Canaria, España ![]() |
Ocupación | cantante |
Instrumento(s) | Voz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Genoveva del Carmen Machado Hernández,[1] nada en Las Palmas de Gran Canaria o 12 de maio de 1982, é unha cantante española que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo, na que foi a primeira expulsada.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras o seu paso polo programa en 2001, formou parte do coro que acompañou a Rosa López no Festival de Eurovisión 2002. Formou parte do grupo Fórmula Abierta con tres dos seus compañeiros entre 2002 e 2004. En 2005 comeza a súa carreira en solitario e participa como colaboradora en varios programas de televisión. En 2011 ingresa novamente como concursante na que foi a última edición de Operación Triunfo. Foi a primeira e a última expulsada na historia do programa. Dende 2012, paralelamente á súa carreira, dedícase á formación integral de artistas no centro El Aula.
En outubro de 2016 participou en OT: El Reencuentro xunto aos seus 15 ex-compañeiros, unha serie de tres documentais e un gran concerto para rememorar os 15 anos da primeira edición do programa.
Discografía[editar | editar a fonte]
Fórmula Abierta[editar | editar a fonte]
- Aún hay más (2003)
- La verdad (2003)
- Fórmula 04 (2004)
En solitario[editar | editar a fonte]
- A golpes de amor (2010)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Expansión". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2016. Consultado o 04 de novembro de 2016.
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |