Saltar ao contido

Gendai Nihon no kaika

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gendai Nihon no kaika
Autor/aNatsume Sōseki
Lingualingua xaponesa
Data de pub.1913
editar datos en Wikidata ]

Gendai Nihon no kaika (xaponés: 現代日本の開花; "A civilización do Xapón contemporáneo") é unha conferencia impartida polo novelista Natsume Sōseki na cidade de Wakayama, a segunda dun ciclo de catro conferencias organizadas na rexión de Kansai en 1911. As catro foron publicadas con outros textos en 1913, baixo o título Shakai to jibun 社会と自分 ("A sociedade é mais eu").

Contidos[editar | editar a fonte]

Gendai Nihon no kaika versa sobre o desenvolvemento tecnolóxico e cultural producido pola modernización do Xapón, tras a súa apertura ás influencias occidentais.[1] A tese central de Sōseki é que estas mudanzas ocorreron a unha velocidade abrupta e de maneira esóxena, por imitación das potencias europeas e americanas, no canto de emerxer de maneira propia. Isto explica, para o autor, o malestar cultural da súa época, a era Meiji.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]