Gemma Pasqual i Escrivà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGemma Pasqual i Escrivà

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Almoines, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e literatura infantil e xuvenil Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónanalista de sistemas (pt) Traducir , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorIBM Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
28 de marzo de 2022Defensem l’escola en català
31 de marzo de 2016Manifesto Koiné Editar o valor em Wikidata
Premios

Gemma Pasqual i Escrivà, nada en Almoines (la Safor) en 1967, é unha escritora valenciana que se identifica como catalá.[1]

En 2022 participou en "Un verán en Galeusca", proxecto impulsado entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato E morrer debe ser deixar de escribir.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois dun período como analista de sistemas, comezou a súa carreira literaria en 1998.[3] Escribiu principalmente novelas xuvenís ou infantís desde un enfoque pedagóxico, entre elas destacan Marina, L'últim vaixell i Et recorde, Amanda. Gañou varios premios, entre eles o premio Barcanova de literatura xuvenil en 2007 e o premio Samaruc en 2015.[4][5]

Gemma Pasqual colaborou en diferentes revistas especializadas en literatura, como a revista CLIJ-Cuadernos de Literatura Infantil i Juvenil, a revista Marcha Popular Fallera, a revista Literaturas, a revista Caràcters, Serra d'Or, Llengua Nacional, Barcelona Review, El Punt Avui, ou La Vanguardia e formou parte do consello de redacción de L'escletxa. Ademais, é vogal da Xunta Directiva da Associació d'Escriptors en Llengua Cat,alana, vogal da Xunta de Goberno da Institució de les Lletres Catalanes, vogal do Consello Consultivo da Institució de les Lletres Catalanes, membro do PEN Catalán e Patroa da Fundació Reeixida. Cabe destacar a súa faceta como conferenciante en diversos centros culturais, con palestras sobre diferentes personalidades do mundo da cultura, como, por exemplo, Maria Mercè Marçal, Joan Fuster ou Pau Casals. Por outra banda, ten unha longa traxectoria na animación á lectura en institutos e escolas do seu país. Ademais, non só traballou co alumnado senón tamén co profesorado, como, por exemplo, o curso de formación do profesorado que impartiu no Museu de Belles Arts de València Sant Pius V, co título "Desenvolvemento da creatividade plástica a través da escritura de textos".[6]

Desde 2013 é vicepresidenta no País Valenciano da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana, e desde 2015 tamén é vicepresidenta da Acció Cultural del País Valencià.[7]

É asesora do selo editorial Jollibre foi membro do consello editorial do diario Jornada.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Os máis destacables son

  • Premio Samaruc 2002 de Literatura xuvenil pola obra Marina.
  • Premio Samaruc 2003 de Literatura xuvenil pola obra Et recorde, Amanda.
  • Premi Jaume I de Crevillent, pola súa achega á literatura xuvenil (2003).
  • Premi de les Lletres 6ª, nos Premis Club a la Nostra Marxa 2003.
  • Premio Samaruc 2005 de Literatura Xuvenil pola obra L'últim vaixell.
  • Premio Benvingut Oliver 2007 de Literatura Juvenil pola obra La Mosca, assetjament a les aules.
  • Premio Barcanova 2007 de Literatura Xuvenil pola obra Llàgrimes sobre Bagdad.
  • Premio Mallorca de Narrativa Xuvenil 2008 pola obra La Relativitat d'anomenar-se Albert.[9]
  • Finalista do premio Llibreter 2020 coa obra Viure perillosament.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A propòsit de l?Assemblea Nacional Catalana: Sense València no hi ha independència! - Gemma Pasqual i Escrivà". Blocs de VilaWeb (en catalán). 2012-03-09. Consultado o 2022-07-28. 
  2. 2,0 2,1 Gemma, Pasqual i Escrivà (28 de xullo de 2022). "E morrer debe ser deixar de escribir". Nós Diario. 
  3. "Gemma Pasqual: 'Procure ficar-me en les sabates dels xics i xiques'". ELMUNDO (en castelán). 2016-02-27. Consultado o 2022-07-28. 
  4. "La escritora valenciana Gemma Pasqual gana el Premio Barcanova de Literatura Juvenil". La Vanguardia (en castelán). 2007-12-12. Consultado o 2022-07-28. 
  5. "Gemma Pasqual guanya el premi Samaruc al millor llibre de literatura infantil - Diari La Veu". www.diarilaveu.com (en catalán). Consultado o 2022-07-28. 
  6. "Gemma Pasqual castellano". Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (en castelán). Consultado o 2022-07-28. 
  7. "Gemma Pasqual i Escrivà". Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (en catalán). Consultado o 2022-07-28. 
  8. "Barça ou barzakh!". bromera.com. Consultado o 2022-07-28. 
  9. "La escritora valenciana Gemma Pasqual gana el Premio Mallorca de narrativa juvenil con "E=mc2"". Levante-EMV (en castelán). 2008-10-16. Consultado o 2022-07-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]