Gaspar Homar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaspar Homar
Gasparhomar-2086-02.jpg
Retrato de Gaspar Homar realizado por Josep Pey (1904).
Data de nacemento 11 de setembro de 1870
Lugar de nacemento Bunyola, Mallorca
Data de falecemento 5 de xaneiro de 1953 (82 anos)
Lugar de falecemento Barcelona
Área Ebanismo, deseñador
Movemento Modernismo
Imaxe identificativa do taller de ebanistería.

Gaspar Homar i Mezquida, nado en Bunyola, Mallorca o 11 de setembro de 1870, e finado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1953, foi un moblista, ensemblier,[1] e antiquario, considerado un dos representantes máis xenuínos do movemento modernista catalán no eido da decoración e da creación de mobles. Os seus mobles, que poden ser considerados de autor, reflicten o benestar e as aspiracións da puxante burguesía e distínguense polo emprego de madeiras nobres e custo elevado e polos traballos en marquetería e talla, onde contou coa colaboración de destacados artistas como Josep Pey, Sebastià Junyent ou Joan Carreras i Farré[2]. Cunha forte personalidade, a obra de Gaspar Homar está relacionada coa dos mellores artistas da época, como Eugène Gaillard, Hector Guimard ou William Morris[3] e reinterpreta dende unha ollada moi particular, a influencia da Secesión de Viena e da Escola de Glasgow.[4] Participou e obtivo medalla nas exposicións de Londres, Madrid e Barcelona (1907), na hispano-francesa de Zaragoza (1908) e na Internacional do Comfort Moderno de París (1909), e foi membro do xurado da Exposición Internacional de Venecia (1908).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concepto que xorde contra o 1920 para definir a figura do artista que crea conxuntos decorativos (ensembles décoratifs). Gaspar Homar, tal com explica Cirici Pellicer 1951 proxectaba non só os mobles, senón o decorado de muros e tellados de vidrieiras, as cortinaxes, as luces e as chemineas.
  2. AAVV 1998, p. 19.
  3. Mainar i Pons 1976, p. 345.
  4. Fondevila 1998, p. 25.
  5. García-Martín 1988, p. 67.