Garraitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Illa de Garraitz (Garraitz Uhartea, Illa de San Nicolás) é unha illa española que se atopa xusto en fronte do porto da vila de Lekeitio (Biscaia) e ten 6'5 hectáreas. Está parcialmente unida a terra firme por un dique construído para evitar que os sedimentos da ría entren no porto, pero só emerxe na baixamar; tamén se pode abordar pola praia cando a marea está moi baixa, polo que só durante estes períodos pódese acceder á illa, que se converte entón nun tómbolo. Esta é abrupta, cuberta de matogueira con algúns piñeiros que lle dan a súa característica aparencia e carente de calquera construción, aínda que no pasado debeu existir algunha pequena ermida, como testemuña a toponimia.