Gambit
Gambit | |
---|---|
![]() | |
Tipo | mutante, personaxe animado e personaxe cinematográfico ![]() |
Tipo personaxe | superheroe ![]() |
Obra | |
Presente na obra
| |
Universo ficticio | Terra-616 ![]() |
Creador/a | Chris Claremont, Mike Collins (pt) ![]() ![]() |
Interpretado por | Taylor Kitsch e Channing Tatum ![]() |
Biografía | |
Lugar de nacemento | Nova Orleáns ![]() |
Sexo | home ![]() |
Linguas faladas | Cajun English (en) ![]() ![]() ![]() |
Superpoder | manipulación da enerxía ![]() |
Cor do pelo | cabelo castaño ![]() |
Actividade | |
Inimigo/a | Mister Sinister e Candra (en) ![]() ![]() |
Ocupación | ladrón e superheroe ![]() |
Membro de
| |
Familia | |
Cónxuxe | Bella Donna e Pícara ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Gambit é un personaxe de banda deseñada, un superheroe de Marvel Comics, membro dos X-Men. Creado polo escritor Chris Claremont e o artista Jim Lee.
Publicación
[editar | editar a fonte]O carácter fixo a súa primeira apararición, breve, en Uncanny X-Men Annual nº 14 (1990), unhas semanas despois apareceu no número 266 de Uncanny X-Men correspondente a agosto de 1990. Tivo durante dous períodos a súa propia serie, a primeira entre 1998 e 2001 e a segunda entre 2004 e 2005. (agosto 1990), tamén protagonizaou dúas miniseries, en 1993 e 1997. Na serie Age of Apocalypse Gambit ten o seu propio equipo, os X-Ternals.
Características
[editar | editar a fonte]Gambit, que ten como verdadeiro nome Remy Etienne LeBeau, é un mutante que ten a habilidade de manipular a enerxía cinética, tamén é habilidoso na loita corporar e no manexo das cartas, ademais ten poderes hipnóticos e é sedutor coas mulleres, mantén con Rogue unha longa e intermitente relación, tamén foi un dos maiores fumadores de Marvel ata a implementación dunha política antitabaco por parte de Joe Quesada, redactor xefe de Marvel desde o 2000. En orixe era un ladrón profesional e poucos X-Men confiaban nel cando se uniu ó grupo, esa pouca querenza aumentou ó se coñecer a súa relación co malevo Mister Sinister, así e todo algúns dos X-Men aceptárono ó considerar que buscaba a redención. No filme de 2009 X-Men Origins: Wolverine interprétao Taylor Kitsch.