Gairesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°35′43.77″N 8°09′57.50″O / 43.5954917, -8.1659722

Gairesa

Gairesa Teimper, Fene (A Coruña)
TipoSociedade Anónima
Fundación1980
LocalizaciónLago, 15551 Valdoviño (A Coruña) Galicia Galicia
Persoas claveSenén Paz Abuín (xerente)
IndustriaQuímica
Produtosadhesivos, revestimentos, impermeabilizantes, morteiros, resinas para materiais compostos
Beneficio12,1 millóns de euros (en 2007)[1]
editar datos en Wikidata ]

Gairesa é unha empresa galega con sede en Lago, Valdoviño (A Coruña) adicada á industria química principalmente nos sectores da construción e a industria. Gairesa ten a empresa Teimper, con sede en Fene (A Coruña), adicada a dar servizo aos seus clientes empregando os seus produtos.

Historia[editar | editar a fonte]

Gairesa foi fundada en Valdoviño adicándose á formulación, produción e aplicación de tratamentos químicos. Resinas de epoxi, adhesivos industriais, revestimentos ou aplicacións industriais. Gairesa é unha empresa pioneira en España en novos materiais, na investigación de produtos especiais para arquitectura e na enxeñería en proxectos punteiros.

A empresa adícase á investigación de produtos, innovación, deseñando e fabricando produtos “a medida” segundo o tipo de aplicación e requirimentos técnicos dos clientes.

Na actualidade, Gairesa fabrica produtos para tratamentos na construción, aplicacións especiais baseadas en composites para enxeñería de pontes, industria eólica, náutica ou aeronáutica.

Nos últimos anos a empresa está a traballar en proxectos de nanotecnoloxía aplicada a resinas[2].

Produtos[editar | editar a fonte]

  • Produtos epoxídicos
  • Produtos acrílicos
  • Produtos poliuretanos
  • Produtos polisulfuros
  • Produtos varios

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]