Gabrielle Renaudot
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de maio de 1877 Meudon, Francia |
| Morte | 28 de outubro de 1962 Juvisy-sur-Orge, Francia |
| Lugar de sepultura | Camille Flammarion Observatory (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astrónoma |
| Familia | |
| Cónxuxe | Camille Flammarion |
| Pais | Jules Renaudot |
| Irmáns | Paul Renaudot |
| Premios | |
Gabrielle Renaudot Flammarion, nada en 1877 e finada o 31 de outubro de 1962, foi unha astrónoma francesa e muller do tamén astrónomo Camille Flammarion.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou no Observatorio de Juvisy-sur-Orge e foi secretaria xeral da Société Astronomique de France. Publicou varios traballos sobre a evolución das características da superficie do planeta Marte, sobre a Gran Mancha Vermella de Xúpiter e tamén sobre observacións que sacou doutros planetas, planetas menores e estrelas variables.
Trala súa morte, en 1973 a Unión Astronómica Internacional aprobou poñerlle o seu apelido a un cráter do planeta Marte, coñecido como Cráter de Renaudot.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "USGS Astro: Planetary Nomenclature: Feature Data Search Results". USGS Gazetteer of Planetary Nomenclature Feature Information (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2009.