Saltar ao contido

Gran Mancha Vermella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe obtida pola Voyager 1 da Gran Mancha Vermella de Xúpiter.

A Gran Mancha Vermella é o maior vórtice anticiclónico de Xúpiter. Trátase dunha enorme tormenta gasosa ou remuíño que podería existir desde hai máis de 300 anos. Está caracterizado por ventos na súa periferia de ata 400 km/h. O seu tamaño é o bastante grande como para englobar dúas veces e media o diámetro da Terra. O remuíño xira en sentido antihorario.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.