Saltar ao contido

Gabriel Feijoo de Araújo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gabriel Feixoo de Araúxo»)
Modelo:BiografíaGabriel Feijoo de Araújo
Biografía
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4946699


Gabriel Feijoo de Araújo foi un escritor galego, viviu entre os séculos XVII e XVIII.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Entremés famoso sobre da pesca do río Miño.

Pouco ou case nada se sabe da súa vida. O único dato certo co que se conta consiste en que posuía o título de licenciado. Fermín Bouza-Brey, investigando os seus apelidos, chegou á conclusión de que era "galego da orela dereita do Miño". Ademais, este investigador estabeleceu que Feijoo de Araújo posuía vínculos familiares, polo seu apelido paterno, co Padre Feijoo.

Autor do primeiro entremés conservado en galego, coñecido como Entremés famoso sobre da pesca do río Miño, 1671?, do que Bouza-Brey fixo a primeira edición impresa en 1953. A obra está composta por 9 escenas nas que se describe la contienda que tubieron los labradores de la feligresía de Caldelas con los portugueses sobre la pesca del río Miño.

A importancia de Gabriel Feijoo non se debe realmente ó valor literario da súa obra, senón ó feito de que é a primeira obra de teatro en galego (con diálogos en portugués) que se coñece. Consérvase só unha copia do orixinal, na Biblioteca Nacional de Madrid, copia realizada con numerosos erros tanto nos textos galegos como nos portugueses. Tamén cómpre destaca-lo valor que representa para o coñecemento do galego falado na Galicia do século XVII.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]