Gabriel Abad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGabriel Abad
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Ferrol Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 1896 Editar o valor em Wikidata
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Período de actividade1885 Editar o valor em Wikidata - 1896 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Gabriel Abad, nado en Ferrol, foi un obreiro fogueiro anarquista e despois socialista galego emigrado na Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1885 colaborou no periódico anarquista La Unión Obrera editado en Ferrol. No ano 1888, xa estaba radicado en Buenos Aires, e informou á publicación El Productor de Barcelona sobre o auxe do movemento obreiro na capital arxentina. Nesa altura militou no anarquismo e xunto a Rafael Roca, o autor en outubro de 1889 do Manifiesto de Barracas. Detido xunto con outros militantes, exiliouse en Montevideo onde editou con Rafael Roca o periódico La Voz del Trabajador.

Retornou a Buenos Aires e militou no socialismo. Senlleiro orador, fixo discursos nun acto do Círculo de Estudos Sociais o 1 de maio de 1892; na reunión de constitución da Sociedade de Obreiros Gasistas, latoeiros e anexos, no Centro Socialista Obreiro o 22 de xullo de 1894; impartiu unha conferencia o 11 de novembro de 1894 en memoria dos “mártires de Chicago” e falou no acto do 1° de maio de 1895 no salón do Club Vorwarts, sociedade dos inmigrantes alemáns socialistas.

Foi cofundador do Centro Socialista de Barracas en 1895. Ademais, integrou a lista de candidatos a deputado nacional pola Capital Federal nas eleccións do 8 de marzo de 1896, as primeiras ás que se presentou o Partido Socialista. Con todo, debido á fraude electoral o partido só sumou uns centos de votos. No Congreso constituínte do Partido Socialista do 28 e 29 de xuño de 1896 foi delegado pola Sociedad de Mecánicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tarcus (director), Horacio (2007). Diccionario biográfico de la izquierda argentina. Buenos Aires: Emecé Editores S.A. p. 1. ISBN 978-950-04-2914-6.