Saltar ao contido

GZ Nación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

GZ Nación
Logotipo
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
decembro de 2006 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2010 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

GZ Nación, tamén denominado GZnación.com, foi un xornal dixital galego de liña editorial nacionalista. Publicouse entre os anos 2006 e 2010.

Comezou a se publicar en decembro de 2006. No ano 2008 chegou a editar un número en papel.[1][2]

En 2009 a empresa editora, Carrumeiro Media S. A., desfíxose de tódolos traballadores[3] por mor da caída de negocio após a saída do goberno do Bipartito.[4] O diario mantívose até 2010, momento en que desapareceu canda proxectos históricos de comunicación en galego como Vieiros, A Nosa Terra e Galicia Hoxe, na que foi a etapa negra do xornalismo galego.[5][6]

  1. ↑ "GZnación, agora tamén en papel". Malmequer. 17 de xullo de 2008.
  2. ↑ M. Barreiro & Pérez Pena 2013, p. 140.
  3. ↑ "A nova etapa Gznacion". Galicia Confidencial. 16 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2010. Consultado o 17 de xuño de 2022.
  4. ↑ M. Barreiro & Pérez Pena 2013, p. 63.
  5. ↑ "Gznación.com apágase". Galicia Confidencial. 10 de xuño de 2010.
  6. ↑ M. Barreiro & Pérez Pena 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]