Geophysical Research Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «GRS»)
GRS / Geophysical Research Satellite / CRL 1
TipoCientífico
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos
Data de lanzamento28 de xuño de 1963, 21:19 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorScout X4[2][5]
Sitio de lanzamentoWallops Island, rampla 3[2][6]
Obxectivo da misiónObservacións xeofísicas.[2][6]
Decaemento14 de decembro de 1983[1]
NSSDC ID1963-026A
Masa99,3 kg[2][5][6]

GRS (acrónimo de Geophysical Research Satellite), tamén denominado CRL 1 (Cambridge Research Lab 1) foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 28 de xuño de 1963 mediante un foguete Scout X4 desde a base de Wallops Island.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

GRS foi construído polo Laboratorio de Investigación de Cambridge (Cambridge Research Lab). Tras o lanzamento o satélite conseguiu obter datos durante 13 órbitas ata que un fallo no seu sistema de enerxía deixouno inservible.[5]

O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 1304 km de apoxeo e 430 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49,75 graos e un período orbital de 102,85 minutos.[3] Reentrou na atmosfera o 14 de decembro de 1983.[1]

Experimentos[editar | editar a fonte]

GRS levaba a bordo tres experimentos:[5]

  • Aerospace Composition: espectrómetro de masas para medir a distribución de ións na parte superior da ionosfera, entre 420 e 1200 km.
  • Retarding Potential Analyzer: analizador de potencial retardado para medir os fotoelectróns con enerxías de máis de 60 eV e os ións con enerxías por enriba de 30 eV.
  • Un medidor de radiación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRS" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "Geophysical Research Sat" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 27 August 1963 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (63-18428): 2. 30 de agosto de 1963. Consultado o 24 de marzo de 2020formato=PDF. 
  4. Claude Lafleur (2010). "GRS" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GRS (CRL 1)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "GRS" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2013.