Saltar ao contido

Gérald Lacroix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGérald Lacroix

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1957 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Saint-Hilaire-de-Dorset Editar o valor en Wikidata
Afiliado
6 de agosto de 2020 
Cardeal presbítero
22 de febreiro de 2014 
 Georg Sterzinsky
Roman Catholic Archbishop of Québec (en) Traducir
22 de febreiro de 2011 
 Marc Ouellet
Diocese: Arquidiocese de Quebec (pt) Traducir

Nomeado por: Francisco
Bispo titular
7 de abril de 2009 – 22 de febreiro de 2011
 Christophe ZoaJohn Sherrington (pt) Traducir 
Diocese: Titular see of Hilta (en) Traducir
Bispo auxiliar
7 de abril de 2009 – 22 de febreiro de 2011
Diocese: Arquidiocese de Quebec (pt) Traducir
Director xeneral Instituto Secular Pio X (pt) Traducir
2001 – 7 de abril de 2009 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSaint Anselm College (pt) Traducir
Universidade Laval
Trinity High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2009–), sacerdote católico (1988–), diácono (1988–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaInstituto Secular Pio X (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónMarc Ouellet Editar o valor en Wikidata
Participou en
maio de 2025conclave de 2025 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
24 de maio de 2009orde sacerdotal, per Marc Ouellet
8 de outubro de 1988orde sacerdotal, per Maurice Couture (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Gérald Cyprien Lacroix, nado o 27 de xullo de 1957 en Saint-Hilaire de Dorset (Quebec) é un cardeal e arcebispo católico latino canadense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Saint-Hilaire de Dorset o 27 de xullo de 1957, e ingresou no Instituto Secular de Pío X en 1975. Foi ordenado sacerdote o 8 de outubro de 1988 polo bispo auxiliar do Quebec, Maurice Couture.

O 7 de abril de 2009 foi elixido bispo auxiliar do Quebec e bispo titular de Hilta. Recibiu a consagración episcopal o 24 de maio de mans do arcebispo do Quebec Marc Ouellet, tendo como co-consagrantes ao arcebispo emérito Maurice Couture e ao bispo auxiliar do Quebec Gilles Lemay.

O 22 de febreiro de 2011 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo de Quebec. Tomou posesión da arquidiocese o 25 de marzo.

O 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de San Giuseppe all’Aurelio.