Saltar ao contido

Furacán Stan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Furacán Stan
Temporada de furacões no Atlântico de 2005 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Data
2005 Editar o valor en Wikidata
 Data de comezo
1 de outubro de 2005 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
5 de outubro de 2005 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Localización
 Situado na entidade xeográfica
Cifras e dimensións
Vento máximo sustentado70 kn Editar o valor en Wikidata
Presión atmosférica máis baixa977 mbar Editar o valor en Wikidata
Mortes1.668 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/07_qky Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Furacán Stan no seu paso por Centroamérica o 4 de outubro de 2005, ás 13:15 UTC.

O Furacán Stan afectou a diversos países de Centroamérica e México durante os días 3, 4 e 5 de outubro de 2005. Os seus fortes ventos e choivas deixaron máis de 500 vítimas mortais e máis de 1.000 persoas desaparecidas, provocando ademais inundacións, corrementos de terra e derrubes en Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Haití, Honduras, México e Nicaragua.

Os territorios máis afectados foron Guatemala e O Salvador, países nos que se produciron o maior número de falecidos, e onde decenas de comunidades e pobos quedaron completamente illados.

En Guatemala, onde o 75% do territorio se viu afectado, unha das principais cidades afectadas foi Santiago Atitlán, un importante destino turístico onde un grave corremento de terra produciu ducias de vítimas, tamén unha aldea situada na ladeira do volcán Tacá foi arrasada por un alude de lama e rochas.

En México un desbordamento dun río en Tapachula, no estado de Chiapas, arrasou 2.500 vivendas.