Función aditiva
En teoría de números, unha función aditiva é unha función aritmética f(n) da variábel enteira positiva n tal que sempre que a e b son coprimos, a función aplicada ao produto ab é a suma dos valores da función aplicada a a e b:[1]
Completamente aditiva
[editar | editar a fonte]Unha función aditiva f(n) dise que é completamente aditiva sen se verifica para todos os enteiros positivos a e b, aínda que non sexan coprimos. Completamente aditiva tamén se usa neste sentido por analoxía coas funcións completamente multiplicativas. Se f é unha función completamente aditiva, entón f(1) = 0.
Toda función completamente aditiva é aditiva, mais non viceversa.
Exemplos
[editar | editar a fonte]Exemplos de funcións aritméticas que son completamente aditivas:
- A restrición da función logarítmica a
- A multiplicidade dun factor primo p en n, que é o maior expoñente m para o que pm divide n.
- a0(n), a suma de números primos que divide n contando a súa multiplicidade, ás veces chamada sopfr(n)[2], a potencia de n ou o logaritmo enteiro de n (secuencia A001414 na OEIS). Por exemplo:
- a0 (4) = 2 + 2 = 4.
- a0 (20) = a0(22 · 5) = 2 + 2 + 5 = 9.
- a0 (27) = 3 + 3 + 3 = 9.
- a0 (144) = a0 (24 · 3 2 ) = a0 (24) + a0 (32) = 8 + 6 = 14.
- a0 (2000) = a0 (2 4 · 5 3 ) = a0 (2 4 ) + a0 (5 3 ) = 8 + 15 = 23.
- a0 (2003) = 2003.
- A función Ω(n), definida como o número total de factores primos de n, contando múltiples factores múltiples veces, ás veces chamada "función Omega maiúsculo" (secuencia A001222 na OEIS). Por exemplo;
- Ω(1) = 0, xa que 1 non ten factores primos.
- Ω(4) = 2.
- Ω(16) = Ω(2·2·2·2) = 4.
- Ω(20) = Ω(2·2·5) = 3.
- Ω(27) = Ω(3·3·3) = 3.
- Ω(144) = Ω(24 · 32) = Ω(24) + Ω(32) = 4 + 2 = 6.
- Ω(2000) = Ω(2 4 · 5 3 ) = Ω(24 ) + Ω(53 ) = 4 + 3 = 7.
- Ω(2001) = Ω(3·23·29)=3.
- Ω(2002) = Ω(2·7·11·13)=3.
- Ω(2003) = 1.
Exemplos de funcións aritméticas que son aditivas mais non completamente aditivas son:
- ω(n), definido como o número total de distintos factores primos de n (secuencia A001221 na OEIS). Por exemplo:
- ω(4) = 1.
- ω(16) = ω(24 ) = 1.
- ω(20) = ω(22 · 5) = 2.
- ω(27) = ω(33 ) = 1.
- ω(144) = ω(24 · 32 ) = ω(24 ) + ω(32 ) = 1 + 1 = 2.
- ω(2000) = ω(24 · 53) = ω(24 ) + ω(53 ) = 1 + 1 = 2.
- ω(2001) = 3.
- ω(2002) = 4.
- ω(2003) = 1.
- a1(n), a suma dos distintos números primos que dividen a n, ás veces chamado sopf(n) (secuencia A008472 na OEIS). Por exemplo:
- a1(1) = 0.
- a1(4) = 2.
- a1(20) = 2 + 5 = 7.
- a1(27) = 3.
- a1 (144) = a1(24 · 32) = a1(24) + a1(32) = 2 + 3 = 5.
- a1 (2000) = a1(24 · 53 ) = a1(24) + a1(53) = 2 + 5 = 7.
- a1(2001) = 55.
- a1(2002) = 33.
- a1(2003) = 2003.
Funcións multiplicativas
[editar | editar a fonte]A partir de calquera función aditiva é posíbel crear unha función multiplicativa relacionada que é unha función coa propiedade que sempre que e son coprimos daquela:
Un destes exemplos é Así mesmo se é completamente aditiva, daquela é completamente multiplicativa. De forma máis xeral, poderiamos considerar a función , onde é unha constante real distinta de cero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Erdös, P., and M. Kac. On the Gaussian Law of Errors in the Theory of Additive Functions. Proc Natl Acad Sci USA. 1939 April; 25(4): 206–207. online
- ↑ "Sum of Prime Factors". MathWorld.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Janko Bračič, Kolobar aritmetičnih funkcij (Ring of arithmetical functions), (Obzornik mat, fiz. 49 (2002) 4, pp. 97–108) (MSC (2000) 11A25)
- Iwaniec and Kowalski, Analytic number theory, AMS (2004).