Frölunda HC
Frölunda HC | |
---|---|
Fundación | 3 de febreiro de 1938 |
Cidade | Gotemburgo, Västergötland Suecia |
Estadio | Scandinavium (12 044 persoas) Frölundaborgs isstadion (6 044 persoas) |
Liga | SHL |
Campionatos | 2 |
Adestrador | Roger Rönnberg |
Cores | Vermello e verde |
Na rede | |
http://www.frolundaindians.com/ | |
O Frölunda HC, tamén coñecido como Frölunda Indians (anteriormente Västra Frölunda HC), é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Gotemburgo, Västergötland (Suecia). Foi fundado o 3 de febreiro de 1938. Actualmente compite SHL, a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, competición que gañou en tres ocasións (2 dende que a competición adoptou a denominación actual). Xoga os seus partidos como local no Scandinavium, un pavillón con capacidade para 12.044 espectadores.
O 28 de decembro de 2009, o club bateu o récord de asistencia a un partido europeo de clubs de hóckey sobre xeo con 30.144 espectadores.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Na tempada 1943-44, o club fundado en 1932 Västra Frölunda IF introduciu a práctica do hóckey sobre xeo, aínda que os xogadores tiveron que agardar ata 1946 para poder xogar o primeiro partido oficial do club a causa dos invernos temperáns que se produciron na cidade de Gotemburgo. Os primeiros xogadores do equipo eran xogadores de bandy que comezaron a xogar ao hóckey sobre xeo.[2] Na tempada 1945-46 o equipo perdeu o campionato distrital fronte o Göteborgs SK por 7-3. O Frölunda acabou precisamente na segunda posición por detrás do mesmo equipo ano despois na Liga de Gotemburgo.[3]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Números retirados
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia, o Frölunda retirou os seguintes números:[4]
Nº | Xogador | Posición |
---|---|---|
13 | Lars-Eric Lundvall | F |
14 | Ronald « Sura Pelle » Pettersson | F |
14 | Patrik Carnbäck | F |
19 | Jörgen Pettersson | F |
23 | Ronnie Sundin | D |
24 | Niklas Andersson | F |
29 | Stefan Larsson | D |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 3 Le Mat Trophy: 1965, 2003 e 2005
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Soirée record pour Frölunda, hockeyarchives
- ↑ "FRÖLUNDA GOTHENBURG" (en inglés). ChampionsHockeyLeague.com. Consultado o 23 de xaneiro de 2023.
- ↑ "History" (en inglés). FrolundaHockey.com. Consultado o 23 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Frölunda HC. RETIRED NUMBERS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 24 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frölunda HC |