Fronte ocluída

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Símbolo no mapa do tempo da fronte ocluída
Fronte ocluída

A fronte ocluída, en meteoroloxía, fórmase ó superpoñerse dúas frontes diferentes, unha fría e outra cálida, ó se mover a primeira a maior velocidade que a segunda. A fronte fría empurra á cálida, ó ser menos densa, cara a arriba tal como se fose unha cuña por baixo dela, quedando a fronte fría a rentes do chan e a cálida sen contacto con este, ocluída, e vai desaparecendo pouco a pouco.

Características[editar | editar a fonte]

As frontes ocluídas danse, xeralmente, en zonas de baixas presións cando estas están debilitándose, e están asociadas con nubes de estratos e precipitacións lixeiras. As chuvias intensifícanse coa chegada de nubes verticais, que provocan tormentas. Esta estrutura xeral é algo diferente segundo cales das dúas masas de aire frío que se fusionaron teñen a temperatura máis baixa. Se a máis fría é a primeira hai un predominio das nubes estratiformes e as precipitacións serán débiles pero continuadas. Se polo contrario, é a segunda, predominarán as nubes de cúmulos con chuvascos, aínda que pode atoparse unha ampla variedade de condicións climáticas ó longo deste tipo de fronte.

A fronte ocluída represéntase no mapa do tempo como unha liña punteada rosada entre as marcas de fronte fría e quente cunhas frechas que sinalan a dirección de desprazamento da fronte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]