Fronte cálida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Fronte cálida.

Unha fronte cálida é un fenómeno meteorolóxico que se forma cando unha masa de aire quente choca contra unha masa de aire frío. A masa de aire quente desprázase ata atoparse cunha masa de aire frío, o aire quente ascende pola fronte posto que é menos denso có aire frío. O ascenso é máis lento ca na fronte fría.

Tras unha fronte cálida o aire queda máis quente e húmido co que había antes da fronte. Orixinan chuvias máis suaves pero extensas e inenterrumpidas, chegando incluso a nevar, podendo durar dende unhas horas ata varios días.

Os primeiros indicios da chegada dunha fronte cálida son a formación de cirros, seguidos de cirroestratos, altoestratos, cúmulonimbos e estratocúmulos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]