Frixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Frixo e Hele. Fresco romano.

Segundo a mitoloxía grega, Frixo era fillo de Atamante e Néfele, soberanos de Orcómeno. Para salvar a Frixo e á súa irmá Hele da segunda esposa do seu pai, Ino, Zeus enviou un carneiro alado con vélaro de ouro que sacou aos dous nenos do país. Hele morreu no camiño, Frixo foi acollido polo rei Eetes na Cólquida.