Atamante
| Biografía | |
|---|---|
| Rei de Orcómeno | |
| | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Néfele Temisto Ino Gorgopis |
| Fillos | Frixo ( Esqueneu ( Leucon ( Erythrios ( Eurycleia ( Macistus ( Melicertes ( Ptous ( Hele ( Learchus ( Erythroe ( |
| Pais | Éolo Mínias Zeuxippe |
| Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru |
Atamante foi un rei eocio da mitoloxía grega.
Vida
[editar | editar a fonte]Uniuse en primeiras nupcias a Néfele, coa que tivo a Frixo, Hele e Macisto. Despois repudiouna para casar con Ino, da que tivo a Learco e Melicertes. Como Ino tentou matar os seus fillastros, Zeus enviou o vélaro de ouro, que levou aos nenos voando á Cólquida. Ao decatarse Atamante do ocorrido, Ino foxe das iras do seu esposo. O rei, crendo que estaba morta, casa en terceiras nupcias con Temisto. Con esta última ten a Esfinxio e Orcómeno. Esta vez é Temisto quen atenta contra os fillos de Ino, pero, confundida pola noite, mata aos seus propios fillos en vez de aos seus fillastros.
Noutra versión do mito son Atamante e Ino os que matan aos seus propios fillos entolecidos por Hera como castigo por axudar a Dioniso.