Fricandó
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/51/Fricand%C3%B3.jpg/250px-Fricand%C3%B3.jpg)
O fricandó é un prato tradicional da cociña catalá que se fai a base de filetes finos de carne de vitela e que case sempre ten cogomelos (tipicamente sendeiriñas, pero poden ser tamén madeirudos ou outras clases). Xunto co estufado de vitela, é un dos poucos pratos da cociña catalá que se fai con carne de vaca ou vitela.[1] Ámbolos dous pratos adóitanse facer o día anterior e pódense requentar cando se desexe.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El gust d'un poble, pàg. 244, de Jaume Fàbrega