Frederico I de Saxonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederico I
Margrave da Marca de Meissen-Lusacia
Conde Palatino de Saxonia e Elector de Saxonia
Retrato por Lucas Cranach o Mozo

Reinado1381 - 1423
Nacemento11 de abril de 1370
Altenburg
Falecemento20 de xaneiro de 1428
Altenburg
PredecesorAlberte IV de Saxonia
SucesorFrederico II de Saxonia
ConsorteCatarina de Brunswick-Lüneburg
Descendenciavéxase Matrimonio e descendencia
Casa realCasa de Wettin
ProxenitoresFrederico III de Turinxia
Catarina de Henneberg

Escudo de Frederico I de Saxonia
Na rede
WikiTree: Wettin-1 Find a Grave: 36074944 Editar o valor em Wikidata

Frederico I de Saxonia e IV de Meissen, o Pendenceiro (en alemán: Friedrich der Streitbare, nado en Altenburg o 11 de abril de 1370, e finado na mesma cidade o 4 de xuño de 1428, foi margrave da Marca de Meissen-Lusacia entre 1381 e 1423 como Frederico IV, e conde palatino de Saxonia e príncipe elector de Saxonia entre 1423 e 1428.

Tracectoria[editar | editar a fonte]

Frederico era fillo de Frederico III de Turinxia, o Severo, da casa de Wettin e de Catarina de Henneberg.

Sucedeu ao seu pai aos once anos, xunto aos sus irmáns Guillerme II de Meissen o Rico e Xurxo de Meissen, e ao seu primo Frederico IV de Meissen o Pacífico, fillo de Baltasar de Turinxia. Todos eles estiveron baixo a tutela do seu tío Guillerme I de Meissen o Torto.

Desde mozo distinguiuse como guerreiro, de onde procede o seu alcume, e participou na expedición dos Cabaleiros Teutónicos contra os lituanos e o rei Venceslau IV de Bohemia.

Tamén foi un gobernante culto e, en 1409, fundou a Universidade de Leipzig, en beneficio dos estudantes alemáns que abandonaran a Universidade de Praga despois dos acontecementos relacionados co Cisma de Occidente.

Uniuse ao bando do Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Sexismundo durante as guerras husitas.

Polos seus servizos foi recompensado o 6 de xaneiro de 1423, co Ducado de Saxonia-Wittenberg e o condado Palatino de Saxonia, tras a morte do último ascanio, Alberte IV de Saxonia.

Con estas adquisicións, os territorios dos Wettin creceron en gran medida, e os seus Estados comezaron a seren dos máis poderosos dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico. Frederico IV empezou a nomearse el mesmo Frederico I Duque e Elector.

Coa morte de seu irmán Guillerme II o Rico, Frederico converteuse no gobernante de todos os territorios da casa de Wettin, exceptuando o Landgraviato de Turinxia. Foi o primeiro Wettin enterrado na Capela Ducal da Catedral de Meissen, en 1428.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Ferderico contraeu matrimonio con Catarina de Brunswick-Lüneburg o 7 de febreiro de 1402, coa que tivo sete fillos:[1]


Predecesor:
Alberte IV
Elector de Saxonia
1423 - 1428
Sucesor:
Frederico II

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biographie, Deutsche. "Friedrich I. - Deutsche Biographie". www.deutsche-biographie.de (en alemán). Consultado o 23 de xuño de 2022.