Fredegario
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Morte | c. 660 |
Actividade | |
Ocupación | historiador, escritor |
Período de actividade | (Con vida en: século VII ) |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Dicionario Enciclopédico Granat Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Fredegario[Cómpre referencia] ou Fredegar[Cómpre referencia] foi un importante cronista franco, morto contra o ano 660 e coñecido pola súa obra Crónica de Fredegario, composta por cinco libros e redactada probabelmente entre os anos 658 e 660 en Austrasia, e que é a principal fonte primaria dos acontecementos da Europa Occidental do século VII. As raíces de moitas institucións da Idade Media están no século VII.
A obra
[editar | editar a fonte]A crónica de Fredegario é unha historia universal, comezando coa creación, e alcanza a súa época no libro IV, onde se concentra o interese dos historiadores, xa que é fundamental para o coñecemento dos reinos francos pola súa relación de feitos entre os anos 561 e 641. Parece un feito certo para todos os historiadores que Khildebrando (medio irmán de Carlos Martel) e o seu fillo Nibelungo redactaron as últimas partes.
Aínda que o relato se centraliza sobre todo na historia dos reinos merovinxios, tamén abarca os ostrogodos, longobardos, visigodos e o Imperio bizantino.
Asócianse a esta crónica tres continuacións. Os seus continuadores estenderon a liña do tempo narrado até o século VIII. As continuacións engadíronse sucesivamente en 736, 751 e 768. A primeira retoma unha versión austrasiana do Liber Historiae Francorum que se prolonga até 736. A segunda cobre o período entre 736 e 751. E a terceira conta os feitos acaecidos durante o reinado de Pipino o Breve até a chegada dos seus fillos Carlomán e Carlomagno, en 768.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Collins, Roger (1991): Early Medieval Europe 300-1000. Londres: MacMillan.
- Fredegarius, Scholasticus, 1888. Fredegarii Scholastici libri IV cum Continuationibus. In: Fredegarii et aliorum chronica. Vitae sanctorum (generis regii). Ed.: Bruno Krusch. (Hannover: MGH SS rer. Merov. I, 2: II)
- Wallace-Hadrill, J. M. (tradutor) (1960): The Fourth Book of the Chronicle of Fredegar with its Continuations. Connecticut: Greenwood Press.
- Wallace-Hadrill, J. M. (1957): The Barbarian West. Londres: Hutchinson.