Saltar ao contido

Paco Boya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Francés Boya Alòs»)
Modelo:BiografíaPaco Boya

(2018) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(oc) Francés Boya Alòs Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Les, España Editar o valor en Wikidata
Síndico de Arán
18 de xuño de 2019 – 29 de outubro de 2020
← Carles BarreraMaria Vergés Pérez →
Membro do Consello Xeral de Arán
18 de xuño de 2019 –
Circunscrición electoral: Q64825521 Traducir

Provincial Deputy of Lleida (en) Traducir
2015 – 2019
Senador de España
20 de novembro de 2011 – 27 de outubro de 2015

Circunscrición electoral: Lleida (en) Traducir

Síndico de Arán
18 de xuño de 2007 – 18 de xuño de 2011
← Carles BarreraCarles Barrera →
Deputado do Parlamento de Cataluña
16 de maio de 1999 – 5 de outubro de 2010
Circunscrición electoral: Lleida (en) Traducir
Q64895842 Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, músico, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnitat d'Aran
Partit dels Socialistes de Catalunya Editar o valor en Wikidata

BNE: XX845869

Francés Xavier Boya Alòs, nado en Les (Lleida) o 23 de xaneiro de 1960, máis coñecido como Paco Boya, é un político, escritor, músico e senador aranés, que foi Síndico de Arán entre 2007 e 2011 e de 2019 a 2020.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de formación profesional e é técnico de grado medio en electricidade. Foi xefe de departamento na Administración da Generalitat de Cataluña durante oito anos. Foi director do programa Era lucana de Televisión Española en Cataluña (1989-1990) e colaborou co xornal Segre e a revista Descobrir Catalunya.

É autor do libro Aran, da guía literaria Era Val d'Aran (1995), das narracións curtas L'alè del bosc (1997) e da novela Presoèrs dera mar gelada (1999), pola que recibiu o premio Les Talúries en 1998.

Recibiu a medalla da cidade francesa de Bagnères-de-Luchon (1998) e a medalla Stéphen Liégeard (1999) pola obra Presoèrs dera mar gelada.

Actividade política

[editar | editar a fonte]

É membro fundador do partido Unitat d'Aran (1978), do que é secretario xeral, afiliado ao Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) dende 1995. Foi concelleiro de Cultura do Concello de Les (1989-2003) e tamén tenente de alcalde (1991-2007). Ademais foi deputado no Parlament de Catalunya (1999-2010).

Nas eleccións de maio de 2007 ao Consello Xeral de Arán, Unitat d'Aran foi a forza máis votada e co apoio do Partit Renovador d'Arties-Garòs foi investido Síndico de Arán. En 2011 non conseguiu ser reelixido.

Entre 2011 e 2015 foi senador. En 2015 é elixido na Deputación de Lleida onde forma parte do grupo Unitat d'Aran-Coalició de Progrès.

Reelixido síndico de Arán en 2019 ocupou o posto ata finais de outubro de 2020 ao se tornar secretario xeral para o Reto Demográfico do goberno español[1]

  1. "Maria Vergés, nova síndica de la Vall d'Aran". VilaWeb. 29 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Carles Barrera Sánchez
 
Síndico de Arán
 
2007-2011
Sucesor:
Carles Barrera Sánchez